Que ver en Corcubión

Corcubión, terra de sosego e bravura

Patrimonio Cultural

Faro do Cabo Cee

Patrimonio arquectónico

Localización

Cabo Cee 43° 55’ lat. N. E 9° 11’ lonx. O

Cronoloxía

1860

Situación xurídica

depende da autoridade portuaria da coruña

Altura do chan á luz

7m

Alcance da luz

 

7 millas (13km)

Característica distintiva

3 lampos brancos cada 6 segundos

A Comisión de Faros decide en 1847 a colocación dun punto de iluminación que facilitase a entrada na ría de Corcubión. O lugar escollido foi o Cabo Cee. Recomendábase a colocación dun pequeno fanal de luz fixa vermella e boias ou balizas no Carrumeiro Chico e nas inmediacións. Este faro, de 5ª orde, foi designado co nome de Fanal de Corcubión. En 1858 sácanse a poxa as obras e, ante a ausencia de licitadores, fíxose a cargo da Administración.

Iluminouse o 31 de xullo de 1860, con luz fixa branca e alcance en tempo ordinario de 8 millas; tiña o plano focal a uns 7 metros do chan e 2 sobre o mar, un aparello catadióptrico e unha lámpada para aceite de oliveira das de émbolo. En 1880 colocóuselle unha lámpada para petróleo dunha mecha.

En 1911 axustáronselle ao seu aparello óptico un xogo de pantallas que xiraban accionadas por unha máquina de reloxería.

En 1934 automatizouse, substituíndo a lámpada por unha instalación de chama núa con escintilante AGA. Con estas reformas a nova aparencia quedaría en grupos de 3 lampos brancos cada 6 segundos.

É un edificio de planta cadrada, con cuberta a catro augas, elevado sobre unha plataforma de pedra protexida por un pequeno valo de pedra na parte que dá ao cantil. Apegada ao muro sur está unha torre de forma tronco piramidal e sección octogonal, rematada nun balconciño e unha lanterna sen cúpula acristalada.